top of page

Fitofaladoiro é un proxecto colaborativo de recompilación de nomes e usos populares de plantas silvestres de Galicia. Está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Herbario e Banco de Xermoplasma (SANT) e do Instituto da Lingua Galega (ILG). A través deste proxecto búscase rexistrar a variedade de nomes e usos das nosas plantas (desde herbas a árbores) e tamén os aspectos culturais relacionados con elas (usos culinarios, menciñas, xogos, crenzas, refráns...).

Nothing to book right now. Check back soon.
bottom of page